CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Os nenos de Barouta foron uns valentes

09/01/2022 - 09:03 h

O director do CEIP Barouta - Ames - explicou como viven no colexio de infantil e primaria a volta ás aulas. “Tivemos un final de primeiro trimestre algo complicado. Por sorte, as medidas de autoconfinamento fixeron que os nenos e as nenas viviran o nadal con normalidade”

Subliñou tamén que “os nenos e as nenas aprenderon a vivir no eido social e sanitario dunha maneira distinta, e non deixo de preguntarme como recordarán esta experiencia e, como calará no seu comportamento?”