CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Os prospectos dos medicamentos serán substuídos por códigos QR ao longo deste 2022

09/01/2022 - 09:34 h

Nina Villasuso, farmacéutica de Mugardos e vogal do Colexio de Farmacéuticos da Coruña, estivo no programa para explicar como se levará a cabo este novo cambio nos prospectos. Todos eses papeis indicativos dos medicamentos irán desaparecendo de xeito progresivo e quedarán reducidos a un codigo QR. 

A farmacéutica afirma que "non haberá dificultade co QR". Un dos motivos polos que as farmacéuticas e as administracións tomaron esta inciativa tamén ven condicionada pola contaminación. A pandemia axudou a acelerar este proceso: "O que antes estaba previsto para dez anos agora faise en dous."

Pero, como será a situación para as persoas que non dispoñan de recursos tecnolóxicos? Esta situación dáse, sobre todo, en persoas maiores. Nina afirma que as persoas que "precisen dun traductor" poderán acudir xunto os profesionais para consultar todo tipo de dúbidas. Pensa que non debería ser un problema xa que tamén é unha forma de evitar que se rompan eses vínculos presenciais entre os profesionais e os pacientes.