Galicia por Diante Fin de Semana
Núñez Feijóo: "O noso compromiso é finalizar a lexislatura e manter a centralidade e a estabilidade"
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegura que vai esgotar a lexislatura e gobernar ata o último minuto. Nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega rexeitou os personalismos políticos que, segundo dixo, prexudican a España. Sobre o seu futuro, afirmou que agora é o momento de conseguir 700 millóns do Goberno central, presentar uns orzamentos e garantir a centralidade e a estabilidade das institucións en Galicia.
"O resto iráse vendo a partir de xaneiro", asegurou.
Núñez Feijoo cualificou, ademais, de irresponsable o bloqueo dos fondos autonómicos por parte de Pedro Sánchez e a posible convocatoria dunhas novas eleccións xerais, que provocarían, dixo, un problema económico e social.
Feijoo asegurou tamén que para recuperar a maioría en España o PP debe seguir o modelo de centro dereita galeguista do Partido Popular de Galicia.