CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

"Meu pai falábame de todo, miña nai levábame a todas partes" - María Casares

08/01/2022 - 11:04 h

Comeza o ano internacional María Casares: a galega exiliada que se converteu nunha das actrices francesas máis importantes do século XX. A especialista María González Lopo fíxonos un achegamento a figura de quen foi unha das excepcionais intérpretes que tivo o teatro francés. 

"Meu pai falábame de todo, miña nai levábame a todas partes." Esta cita de María Casares está recollida no seu libro de memorias Residente privilegiada, unha lectura de referencia "tan agradable como enriquecedora" e "na que Galicia está moi presente" en palabras María González Lopo.