Galicia por Diante Fin de Semana
Cesar Antonio Molina: "Ninguén debe agarrarse á cadeira por riba de defender o Estado"
O exministro de Cultura, Cesar Antonio Molina, amosou na Radio Galega a súa preocupación polas negociacións do PSOE cos partidos independentistas. Advertía esta mañá no Galicia por Diante do risco de balcanización de España: "se se concede todo o que pide ERC, Junts per Catalunya e a CUP, en que se vai converter España? A Península Ibérica pasará a ser miniestados todos e xa veremos, eu que sei, por exemplo, en Galicia quen pagaría as pensións?" E nese senso, avisa que "o Partido Socialista sempre tivo unhas ideas e uns principios que hoxe poderían estar en risco. Ninguén debe defender o seu partido por riba do Estado. Nin ninguén debe agarrarse á ningunha cadeira por riba de defender o Estado".