Galicia por Diante Fin de Semana
Rosa Quintana: "Agardamos un proceso de acordo entre o Reino Unido e a Unión Europea"
A conselleira do Mar recoñece que se finalmente se fai efectiva a saída da Unión Europea, o Reino Unido converterase nun terceiro país e habería que establecer un marco de acordo, porque engade, isto repercutirá no sector pesqueiro. En concreto, sinala Quintana "hai 130 barcos da frota galega que se verían afectados e que suman uns 1.700 tripulantes".
Explica a titular do departamento autonómico que están estudando o posible impacto e as medidas que se deberían adoptar tras a saída, como "o acceso as augas dos barcos galegos e os controis aduaneiros".
Uns dos portos que se verían máis afectados, recoñece, son os de Celeiro e Burela, na Mariña lucense, porque "suman a maior parte das descargas do Gran Sol".
Engade Rosa Quintana que "ante esta incerteza, que é o máis preocupante, hai que coordinarse conxuntamente co Goberno central".