CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

"Buscamos outros usos para os residuos do viño que permitan obter produtos moi rendibles"

06/11/2022 - 11:04 h

Tradicionalmente o bagazo empregábase para elaborar a augardente, pero a dimensión que alcanzou a industria do viño na actualidade fai que haxa que buscar novos usos para os seus residuos. Este é un dos proxectos nos que participa Carmen Martínez, investigadora na Misión Biolóxica de Galicia, pertencente ao CSIC Galicia. 

"Desde o coñecemento e a ciencia buscamos outro tipo de usos para os residuos do viño que permitan obter produtos moi rendibles, de alto valor", afirma Carmen Martínez, á que atopamos entre vides, oliveiras e rosas. Entre os novos ámbitos de aplicación dos refugallos da uva atópase a saúde e a alimentación, tanto humana como animal.