CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

"O calor do fogar é curativo fronte ás macrorresidencias"

05/11/2022 - 10:04 h

Coidar unha persoa dependente é un traballo arduo e constante que acaba derivando, moitas veces, na renuncia a un mesmo para acabar vivindo por e para a outra persoa. As consecuencias son múltiples, desde o punto de vista físico, psicolóxico, social e económico. De aí a importancia de iniciativas como o programa da Xunta de Galicia Respiro Familiar.

Coincidindo co Día Mundial das Persoas Coidadoras, del falamos con Antón Acevedo, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, e Natalia Laíño, coidadora profesional.