CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A cantante e compositora Sés lévanos a Paraguai

05/06/2021 - 10:27 h

"Aquela viaxe foi un golpe na cara, positiva e negativamente. Alí ves como de súpeto os teus ollos se abren e ti que pensabas que os tiñas abertos, non?"

"As grandes empresas madeireiras aniquilan extensións enormes de terreo. Logo, toda esa poboación, milleiros de persoas non teñen a onde ir e acaban nas cidades, en Asunción tamén, malvivindo. Esa é a parte máis triste."

"Paraguai parece que non existe porque non sabemos nada del, nada! Unha cousa que sucede é que os narcos se aproveitan de nenos que veñen dos territorios arrasados para o cultivo do cánnabis ou da soia, e que fan? Engánchanos o crack. Ves nenos de 13 ou 14 anos vagando, corpos vagando, buscando a maneira de meter a dose dunha droga moito máis "merda" ca a heroína."

"Creo que eso é importante sabelo e non só saber que Paraguai ten estes expoñentes culturais, musicais ou paisaxísticos. Non, Paraguai existe e como non se fala del, pódense facer cousas a plena luz do día que noutro sitio hai que facer ás agachadas."

"A loita feminista é moito máis dura e máis radical que aquí porque é moito máis necesaria. O feminicidio alí é unha realidade máis alarmante por numeroso e sanguinario."