CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Galicia ten unha natureza fermosa, pero hai que ter ollo con algunhas especies

05/06/2021 - 11:33 h

Galicia ten unha natureza fermosa, pero ollo! porque hai especies que debemos identificar para non levar sustos inesperados. Así nolo conta Carlos Reboreda.

A serpe que apareceu en días pasados nun parque infantil da Coruña, non era perigosa. As cobras de colar ibérica non son velenosas, nin morden, pero actúan como se o fosen para asustar, apunta o biólogo da UDC, Martiño Cabana.

En Galicia non hai serpes nin arañas que nos poidan causar a morte, pero si debemos ter coidado coas carrachas, que poden transmitir enfermidades, como a enfermidade de Lyme. Aconséllase utilizar repelente no calzado e nos pantalóns, e ademais poñer os calcetíns por riba deles, para limitar o acceso ás pernas.

As picaduras das avespas velutinas, poden ser mortais para as persoas alérxicas, pero hai que ter precaución igualmente. Segundo o biólogo Martiño Cabana, que non suframos unha reacción alérxica hoxe a unha picadura, non quere dicir que non a teñamos mañá. A reacción do sistema inmunolóxico pode ser cambiante.

As fanecas teñen picaduras moi dolorosas, pero estanse retirando a zonas máis seguras para elas, polo que non son tan habituais na baixamar. Así e todo, hai zonas onde aínda pousan e podemos pisar a espiña que teñen no lombo.


 

 

 

 

 

Carlos Reboreda