CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

As sectas fíxanse nos peregrinos do Camiño de Santiago para captar adeptos

04/07/2021 - 09:06 h

As sectas "Camiño Universal a Santiago" e a "Orde do Temple da Xerusalén Celeste" son as máis activas nos últimos tempos segundo o ex-sacerdote, Luis Santamaría del Río, membro da Rede Iberoamericana do Estudo de Sectas.

Nas sectas é moi fácil de entrar, pero moi difícil de saír. Os líderes das sectas captan a aquelas persoas que están buscando respostas espirituais, e aproveitan para lavarlle o cerebro a quen se deixa, asegurou o experto.

Segundo Luis Santamaría, as sectas están levadas por persoas con delirios, que buscan adeptos que compartan ese delirio. Non hai organizacións detrás delas, anque si poden captar contactos de alto nivel.