CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Juan Gil de Araújo: "O albariño estase poñendo de moda en Rusia"

04/07/2021 - 09:30 h

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas declarou a colleita do 2020 como "moi boa".

Juan Gil de Araújo, presidente do Consello Regulador: "En Rusia o albariño estase poñendo de moda". Explica que "a demanda se reactivou, as adegas están vendendo ben, temos pouco viño gardado, pero non é momento de subir os prezos"

"Nós, agora mesmo, alcanzamos o obxectivo que tiñamos xa hai moitos anos que é vender un 33% en Galicia, outro tanto no resto de España e un 33% tamén na exportación", explica nas ondas da Radio Galega.