CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O Courel, pulmón de Galicia

04/07/2021 - 09:40 h

O Courel é o pulmón de Galicia. Un dos mellores destinos de turismo de natureza da nosa terra.

Os bosques de soutos, o río Lor e os seus afluentes dan lugar a fervenzas e zonas de montaña que moita paradisíacas.

Marcos Reinoso é un biólogo que oferta rutas polo Courel a través da súa empresa, www.piapaxaro.com, que ofrece rutas de diferentes dificultades, sempre co fin de dar a coñecer os lugares máis incribles do Courel.

As rutas pasan por distintas aldeas, como a de Vilar, que ten só dúas casas, nas que vive un personaxe singular, Xan, que é poeta, músico, ferreiro e gran conservador das tradicións do Courel.