Galicia por Diante Fin de Semana
Calidade e cantidade nunha boa campaña para o Ribeiro
A Denominación de Orixe Ribeiro vive unha boa campaña logo das malas dinámicas nas colleitas dos anos anteriores. Nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega o presidente do seu Consello Regulador, Xoán Manuel Casares, suliñou que foron máis de 11.800.000 quilos de uva de boa calidade.
Para a mellora de resultados, o Consello Regulador actualizou o rexistro vinícola, que tiña datos de hai 25 anos moi superiores ás cifras reais de hoxendía. A zona conta agora con 1.700 viticultores e 1.400 hectáreas produtivas.
Desta maneira, garanten a orixe e a calidade da uva e conseguen un mellor prezo.