CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Análise da recuperación económica, con Miguel Ángel Vázquez Taín

03/07/2021 - 09:05 h

A economía galega recupérase nos últimos meses, os indicadores económicos sinalan mellores superiores aos da media estatal.

O presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Ángel Vázquez Taín, comentou no Galicia por Diante Fin de Semana que agarda que os novos gromos da Covid-19 non provoquen males maiores no turismo deste verán.

O Xacobeo representa a importancia da hostalería como motor da economía galega. Os próximos meses confirmarán esta tendencia. Aumentará o consumo.

En referencia á reforma das pensións, Taín cre que o goberno non pon todas as cartas enriba da mesa nas negociacións e que terá que asumir decisións pouco populares para poder garantir a sostibilidade das pensións.

O economista cre que a chegada dos fondos europeos a Galicia e ao resto do estado son unha oportunidade magnífica para mudar un tecido produtivo con déficits estruturais, como a transición dixital.