CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Jorge Coira: "Volvería ao verán do 94 en Rábade, o meu pobo"

03/07/2021 - 09:43 h

A sección "O verán dos famosos" principiou con Jorge Coira, director, guionista e montador de cine. Acaba de rematar a rodaxe da película 'Proyecto Emperador', protagonizada por Luis Tosar.

O director contaba esta mañá nas ondas da Radio Galega que este verán non terá vacacións. "Por mor da Covid moitas cousas paralizáronse e agora estanse "apelotonando" os proxectos", sinalaba.

No Galicia por Diante Fin de Semana afirmou: "Eu disfruto moito traballando co meu irmán Pepe. E con Ara, a miña muller. É moi agradable traballar con xente á que queres", indicou.

En lembranzas do pasado, "volvería ao verán do ano 94 en Rábade, o meu pobo. Montamos unha comisión para facer unhas festas diferentes e fixemos unha boa liada", recordaba na Radio Galega.