Galicia por Diante Fin de Semana
Farage presiona a Boris Johnson polo acordo do 'brexit'
No Reino Unido, os líderes políticos van tomando posicións cara ás vindeiras eleccións. O do Partido do Brexit, Niguel Farage, ameaza con presentarse en todas as circunscricións se Boris Johnson non rompe o seu acordo con Bruxelas para saír da Unión Europea.
Nunha entrevista na Radio Galega, o profesor e analista José Manuel Estévez-Saa subliñaba a difícil posición do primeiro ministro conservador.
Nesta entrevista Éstevez-Saa falaba tamén da situación da Arxentina. Un país que abre unha nova etapa coa chegada á presidencia de Alberto Fernández, que terá como número 2 a ex-mandataria Cristina Fernández. Estévez-Saa detallou os grandes retos do novo Executivo, con medidas orientadas a frear a fuga de capitais, renegociar a débeda ou loitar contra o crecemento da inflación e da probreza.