CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Toni Carro, delegado da Nasa en España: "Chegar á Lúa leva entre tres e catro días; a Marte cerca de dous anos, pero ir ao espazo sempre é perigoso”

02/10/2021 - 11:06 h

Toni Carro, o galego de Ortigueira, está á fronte da estación espacial de Robledo de Chavela en Madrid, desde onde se fai o seguimento de moitas das misións da Nasa, destinadas a explorar, os planetas, asteroides ou cometas.

Todo o que sucede nesas misións transmítese á terra  desde a estación de Robledo de Chavela. Toni Carro mudouse aos EUA sendo un mozo, onde completou a súa formación, antes de entrar a formar parte da emblemática axencia, responsable do programa espacial civil, e da investigación aeronaútica.
A estación de  Robledo pasará á historia, porque recibíu os primeiros sináis da Lúa no ano 69 cando Neil Armstrong logrou pisala por  primeira vez.

Respecto á misión tripulada  Artemisa que está previsto leve por primeira  vez unha muller á lúa dixo que “será un fito histórico cando se concrete a misión prevista para o 2024 e o nome da astronauta que participará”

A propósito de  Marte, indicou que se trata dun planeta moi semellante á Terra. A cuestión é explicar por que se desenvolve de xeito tan diferente. Danse condicións de habitabilidade, pero hai que confirmalo con moito detalle.

Sobre as compañías privadas de turismo espacial , que  permiten levar a xente  ao espazo por cantidades astronómicas, opinou que se trata dunha industria nova, con futuro, pero moi afastada dos obxectivos da Nasa.