CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Verín de Verín, o novo libro de Xosé Carlos Caneiro

02/01/2022 - 11:04 h

Verin de Verin é o último libro do escritor verinés Xosé Carlos Caneiro. Estivo no programa de hoxe para falarnos sobre a que é a súa obra máis recente, a  que describe coma un conxunto de historias de amor e humor. Trátase  dun grupo de relatos que foron publicados no  xornal La Voz de Galicia en distintos momentos cronolóxicos e que agora recompila para dar voz a moitas das persoas da localidade que lle prestaron as historias, convertendo o local en universal.