Galicia en Goles
Rubén Albés: "A falta que precede o segundo gol non existe"
O C. D. Lugo perdeu dous puntos da maneira máis cruel posible. O conxunto da Muralla empatou a dous co Zaragoza no Anxo Carro cun gol do porteiro maño Cristian Álvarez no minuto 97, xa co tempo regulamentario cumprido. Sobre esta xogada e o resto de decisións polémicas o técnico Rubén Albés non quixo entrar en polémicas: "Estou un pouco quente. Prefiro non falar dos seis minutos de desconto ou da falta antes do segundo gol que non existe, que a vin repetida"
O Lugo segue en postos de descenso a pesar de romper a xeira negativa de derrotas consecutivas. Albés foi claro: "Veño do barro, son un loitador. O equipo vai facer todo o posible para manter a categoría. Hoxe xogamos un bo partido, demostramos que queremos manternos, transmitimos identidade e sentimento"