CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Eduardo Coudet: "O obxectivo está acadado, que a afección tivese unha temporada sen sufrimento"

30/04/2021 - 23:25 h

O Celta certificou matematicamente a permanencia na Primeira División tras derrotar por dous goles a 0 o Levante. A falta de 5 xornadas o conxunto olívico está, cun partido máis, a 5 puntos exactos do Villarreal, que ocupa postos europeos. O técnico Eduardo 'Chacho' Coudet falou sobre a meta lograda e os seguintes obxectivos: "Xa acadamos o que queriamos, que a xente do Celta tivese unha temporada tranquila. Durmimos coa tranquilidade do obxectivo conseguido. Iso ponme contento"

Foi un encontro en que o Celta sufriu varias lesións: Aspas, Aidoo, Murillo e Tapia. Coudet recoñeceu que "Foi unha boa vitoria, pero cun custo moi alto". Así mesmo quixo matizar as súas declaracións da previa sobre o seu futuro no conxunto vigués: "A esixencia faranos mellores. Estou aquí, cómodo, en sintonía co club. No nera a miña intención xerar dúbidas. Encantariame quedar moito tempo, agardo que non me boten... Non era o meu obxectivo usar o Celta para recalar noutro equipo"