Galicia en Goles
Pepe Bermúdez: "A diferenza? Eles aproveitaron as contras, nós non"
O Lugo perdeu na súa visita ao Estadio Xogos do Mediterráneo por catro goles a un ante o Almería. O segundo adestrador, Pepe Bermúdez, foi o que atendeu os medios de comunicación: "A diferenza? Eles aproveitaron as contras, nós non. Nas nosas perdas matáronnos e nós non as enchufamos. Teñen individualidades moi boas"
Bermúdez aclarou: "Día a día facemos autocrítica. Aos equipos custáballes facernos dano nas transiccións, e agora téñeno máis doado. E tamén nas nosas con vistas á porta contraria. A partir de mañá, a pensar no Fuenlabrada"