Galicia en Goles
Coudet: "Demos un paso importante, pero o obxectivo non está aínda acadado"
O Celta acariña a permanencia tras derrotar por dous goles a un o Osasuna. Aínda así, na conferencia de prensa posterior ao encontro, o técnico Eduardo Coudet segue sendo cauto: "Demos un paso importante, pero o obxectivo non está aínda acadado, matematicamente. Hoxe xogamos ben ante un rival moi duro. Xeramos ocasións. Co penalti entraron no partido, pero estou satisfeito e non sufrimos moito"
Admite Coudet que "isto é semana a semana, e escollo os indicados pensando en nós e no rival. Os xogadores fixeron moito esforzo físico, xogando en menos de 72 horas. Necesitabamos esa forza para volver gañar na casa"