Galicia en Goles
Onésimo: "Hai que desfrutar da goleada, pero pensar xa na Cultural"
O Celta B conseguiu unha goleada por cero goles a cinco ante o Valladolid B no Anexo José Zorrilla. O filial olívico gaña o 'average' e aumenta opcións con vistas a loitar ata o final polo ascenso a Segunda División.
Na capital pucelana estivo a Radio Galega. Alí atendeu o técnico Onésimo o 'Galicia en goles': "Comezamos con presión alta, xogando moito no seu campo. Fixemos bo partido con balón.... soubemos sufrir. Xa no descanso deberiamos ter máis diferenza. A partir do segundo gol, fomos moi superiores e o equipo seguiu, que é moi importante"
A pesar da importancia do triunfo, Onésimo non quere euforia: "Hai que desfrutar da goleada, pero pensar xa na Cultural. De nada serve o feito hoxe. O Valladolid está a un punto. No fútbol hai que seguir ata o final. Hai veces que vai ben e outras que non. O fútbol é semanal"