CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Ángel Rodríguez: "O equipo está en bo momento de forma e entende o que ten que facer en cada partido"

24/10/2021 - 19:13 h

O Pontevedra sumou o terceiro triunfo consecutivo tras vencer a domicilio á Ximnástica Segoviana por cero goles a dous.

O técnico, Ángel Rodríguez, valorou o encontro co enviado especial Roberto Carlos Carballo: "O equipo está en bo momento de forma e entende o que ten que facer en cada partido. Estamos comenzando a ser o que queremos ser. O que traballamos pola semana comeza a verse na fin de semana. Xa non damos as opcións que estabamos dando e agora saen os resultados".

Afirma Ángel Rodríguez que "o centro do campo está funcionando moi ben, están dando moito. Facilitan o noso xogo.  Rufo terá que facer probas porque semella ligamento e son doenzas que poden ser molestas".