Galicia en Goles
Diego Pampín: "Este é o camiño para gañar, aínda que hoxe non nos deu os puntos que mereciamos"
O Celta B perdeu en Barreiro a súa condición de invicto tras caer por un gol a dous ante o Dux Internacional de Madrid.
Falou o capitán Diego Pampín: "Este é o camiño para gañar, aínda que hoxe non nos deu os puntos que mereciamos. Outras veces a nosa forma de xogar permítenos sumar cando quizais non merecemos así que ao final todo se axusta. Creo que o traballo está aí e debemos seguir nese camiño".