Galicia en Goles
Rafa de Vicente: "Puntuar no Sardinero non está mal"
O Deportivo da Coruña empatou a cero no Sardinero ante o Rácing de Santander ante máis de doce mil espectadores, preto de milleiro e medio provintes de Galicia.
Pola zona mixta do estadio cántabro pasou un ex do Rácing, Rafa de Vicente: "Puntuar no Sardinero non está mal. Queremos gañar é a esixencia, pero non está mal. Eles son un bo equipo. Eu estiven moi a gusto, agradezo a afección o cariño que recibín. É bonito escoitar iso cando regresas á que foi a túa casa".
De Vicente: "A ocasión máis clara foi nosa, pero máis alá diso foi un partido disputado, o balance é positivo é o resultado é xusto. Somos dous equipos que estarán arriba. Hai moitos que estarán aí. O nivel da categoría é alto e esixente".