CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Moncho Fernández: "Case regalamos o partido por dúas veces"

23/10/2021 - 23:12 h

O Obradoiro retornou á senda do triunfo tras derrotar o pechacancelas, o Betis, en Sevilla, por 76 a 87. Foi un encontro cheo de alternativas e con moito erro non forzado. Así, o técnico Moncho Fernández opinaba que "case regalamos o partido por dúas veces, con erros inexplicables. Fomos quen de coller vantaxes cómodas e perdelas por erros, perdas... Pero volvemos levantarnos e ao final puidemos acadar a vitoria. Eles, esporeados polo público, é normal que loitasen ata o final".

Moncho recoñece que "esta liga non perdoa ningún erro, os regalos. Facemos dous consecutivos. Son cousas que, agardo, poidan ser corrixidas dende a vitoria. Pero son inexplicables".