CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Ros: "Vimos dunha semana moi intensa, con tres partidos en seis días e faltounos ao final unha marcha máis"

23/10/2021 - 23:08 h

O Lugo rachou a boa serie de resultados tras caer na Rosaleda por un gol a cero. O futbolista Ros pasou pola zona mixta tras o encontro: "Vimos dunha semana moi intensa, con tres partidos en seis días e faltounos ao final unha marcha máis. Pero aínda así tivemos esa última ocasión de Juanpe que se entra poderíamos ter sumado un punto. Temos que quedar con que o equipo traballa e compite".

Ros afirma que "ao final é cedo para mirar para arriba ou para abaixo. Temos que sumar o máximo posible e logo xa veremos se hai que salvarse con tranquilidade ou loitar pola permanencia. Sabemos o que queremos e non queda outra que loitar, loitar e loitar".