CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Paco Olmos: "Tivemos dúas caras. Fixemos moito esforzo para perder ao final. Estamos tocados"

23/10/2021 - 23:01 h

O Breogán caeu por 79 a 75 en Zaragoza nun partido cheo de altibaixos e que rematou con polémica por unha presunta falta non pitada sobre Musa nunha xogada que podería forzar a prórroga.

Paco Olmos falou con Roberto Carlos Carballo sobre o partido "Tivemos dúas caras. Na primeira parte non tivemos acerto, máis que mal xogo. Os lanzamentos non entraron. Logo fixemos moito esforzo para perder ao final con esa xogada e estamos tocados. Hai que levantar, como sempre dixemos, e volver disputar cada partido como unha final".

O técnico breoganista non quixo entrar en polémicas pola actuación arbitral: "Non vou falar, esa xogada estaba pensada así, Musa notou contacto e cre que hai falta. Non a pitaron. Eu non vou queixarme porque o club ten os seus mecanismos para pedir explicacións se así o desexa".