CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Cándido Carrera: "Todos os que competimos temos como obxectivo chegar o máis lonxe posible, tiña que aproveitar esta ocasión"

23/07/2021 - 23:45 h

Cándido Carrera será o novo copiloto de Dani Sordo. O piloto galego é o elixido para subirse ao Hyundai I20 WRC durante o que resta de tempada.

Xa estiveran xuntos nun test previo ao inicio da temporada, antes do Rally de Montecarlo, pero finalmente o piloto cántabro decidira que sería Borja Rozada o que estivese a súa dereita. A falta de compenetración entre estes da agora a oportunidade a Cándido Carrera de competir por vez primeira na categoría reina do Mundial.