Galicia en Goles
De la Barrera: "Foi a última bala para rematar entre os tres primeiros"
O Deportivo caeu por un a cero ante o Rácing de Ferrol e ve perigar, non só o ascenso a Segunda senón tamén a propia permanencia na 2ª B Pro. De la Barrera foi claro: "Foi a última bala para rematar entre os tres primeiros. Non hai nada máis que dicir"
Un abatido técnico recoñeceu que "tras o gol, que foi un erro noso, non xogamos durante 20 minutos, e iso non se pode permitir. Só podemos pensar no Pontevedra e mellorar. O culpable son eu"