CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Coudet: "A xogada da expulsión desvirtúa todo"

20/02/2021 - 20:56 h

O Celta caeu na súa visita a Mestalla por dous goles a cero. Os tantos do Valencia chegaron ambos no tempo de prolongación. A xogada chave foi a expulsión de Rubén Blanco no segundo tempo que deixou cun home menos o equipo olívico. O técnico Eduardo Coudet avaliou esta xogada: "A xogada da expulsión desvirtúa todo. Se me preguntas se é ou non, eu creo que non, non se sabe se hai contacto ou non. Ademisa o xogador vai cara a unha banda, e chegaba un defensa. Xogar cun home menos o resto do tempo foi difícil

O certo é que, de novo, o Celta foi inoperante sen Aspas. Coudet recoñece que "na primeira parte non houbo remates, en ningún dos dous equipos. Logo no segundo tempo conseguimos arranxar cousas, pero xa coa expulsión todo cambiou"