Galicia en Goles
Carmen Grande: "A pretemporada foi moi positiva porque demostramos que podemos loitar na Liga Feminina"
O Pavillón da Raña, en Marín, foi o lugar escollido pola Federación Galega de Baloncesto para a celebración da final da Copa Galicia feminina, que enfrontou a Ensino de Lugo e Uni Ferrol. A vitoria caeu do lado departamental por 68 a 61.
Tras o encontro, o 'Galicia en goles' falou con Carmen Grande, xogadora do Uni Ferrol: "Estes partidos de pretemporada son para mellorar, pero sempre que saes xogar, gusta gañar. Os dous equipos saímos con moito ritmo. Mantivemos un bo traballo. Ensino é un equipazo para prepararse para a primeira xornada ante Logroño.
Grande, recentemente chegada a Ferrol, é ambiciosa: "A pretemporada foi moi positiva porque amosamos que podemos loitar na Liga Feminina. Podemos competir veremos que trae a liga. Odio dicir isto, pero eu vou partido a partido e se os podemos gañar todos, a pola Liga."