Galicia en Goles
Alfon "No vestiario non nos poñemos límites"
O Celta B suma o segundo triunfo consecutivo da temporada tras derrotar ao Rácing de Santander por dous goles a un. Tivo que remontar o conxunto de Onésimo un tanto nos primeiros minutos do equipo cántabro. O rápido empate olívico, segundos despois, foi chave. O seu autor foi Alfon "Soubemos reaccionar a ese gol e por sorte empatamos e logo puidemos gañar. Con estes equipos, póñense por diante, e logo é moi dificil. A chave é moito traballo, día a día coñecendo os teus puntos fortes"
Sobre os obxectivos Alfon foi claro "No vestiario non nos poñemos límites. É unha liga complicada e hai que ir partido a partido. Loitaremos polo que fagamos dentro do campo. A categoría deu un salto e calquera equipo pode facer dano e hai que ter os pés no chan"