CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

O 'Galicia en goles' retransmite o final de Liga na Terceira de fútbol e no baloncesto

19/06/2021 - 15:04 h

O domingo, desde as 12, o programa atenderá ao fútbol de ascenso á Segunda feminina no Betis B-Victoria da Coruña e ao desenlace dos cuartos de final da Copa de Campións xuvenil na eliminatoria Las Palmas-Deportivo.

Desde as 3, o interese estará no fútbol de ascenso á Segunda RFEF coa final entre o Arousa e o Somozas.

Ademais, en dous campos xogarase a permanencia na Terceira: no Viso, Arzúa-Barco, e no Poboado, As Pontes-Unión Deportiva Ourense. A partir das 7, o baloncesto tomará o mando co encontro de desempate polo ascenso á ACB entre o Granada e o Breogán de Lugo.

O domingo rematará tamén con deporte e 'Ao contraataque' ofrecerá ás 11 da noite a última mesa de debate da temporada, coa presenza dos xornalistas especializados nos equipos galegos de elite.