CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Fran Justo: "Será especial regresar ao Couto"

19/02/2021 - 23:38 h

A Terceira División entra na recta final da súa primeira fase e cada encontro é unha final. Así afrontan Arenteiro e Ourense C. F. o encontro que se deputa no Couto a partir das cinco da tarde.  O líder visita a Cidade das Burgas para manter esa privilexiada posición ante un conxunto que loita por escapar dos postos de descenso.

Este partido servirá para o reencontro do corpo técnico e varios xogadores do conxunto carballinés coa que fora a súa casa ata este verán. Co gallo deste emotivo partido no 'Galicia en goles' conversamos con Fran Justo, adestrador do Arenteiro que recoñeceu que "será especial regresar ao Couto"

O técnico tamén avaliou esta temporada e a recta final da primeira fase da Terceira División que están a afrontar todos os equipos.