Galicia en Goles
Juan Antonio Ros e Manu Barreiro analizan a derrota do Lugo en Cartagena
O Lugo caeu derrotado na súa visita a Cartagonova. O conxunto local remontou o tanto inicial de Manu Barreiro para acabar gañando por dous goles a un. Ámbolos dous foron propiciados por erros propios do conxunto da Muralla. Así se lamentaba o goleador Manu Barreiro "penalizan erros puntuais que se poden evitar e mellorar, e tentar ter menos posibles porque non somos un equipo que metamos tres ou catro goles por partido e se non será moi difícil gañar nesta categoría".
No aspecto persoal o santiagués amosabase satisfeito "porque os dianteiros treñen que estar e ter a sorte de metelas. Eu estou contento. A balón parado temos que ser fortes porque temos bos xogadores para iso"
Pola súa banda o defensor murciano Juan Antonio Ros cre que "foi un bo partido e é unha pena porque se marcha un empate nos últimos minutos. Eu sufrín moito, hai que aprender e continuar coa dinámica persoal e o equipo ten que seguir. A semana que vén temos outra oportunidade"