Galicia en Goles
Escoitamos a Musa e Erik Quintela logo da gran vitoria do Breogán ante Tenerife no arrinque da Liga ACB
O Breogán regresou da mellor maneira posible á Liga ACB. O conxunto de Paco Olmos derrotou claramente ao Tenerife por 92 a 73 nun encontro no que o Pazo rexistrou unha afluencia de máis de dous mil afeccionados
Unha das grandes sensacións foi Musa, mellor xogador do partido con 25 puntos, dezaseis deles anotados no primeiro cuarto, cando non errou ningún tiro.
Tralo partido Raúl Villares falou con dous protagonistas, precisamente con Musa e cun dos capitáns Erik Quintela. O aleiro bosnio amosouse "impresionado polo ambiente do Pazo. É incrible e estou moi feliz por desfrutar disto. Tiven que estar moi concentrado para axudar ao equipo. É o primeiro partido dos moitos que esperan gañar...."
Pola súa banda Erik Quintela afirmou que "tiñamos respeto pero ningún medo. Sabemos que se xogamos así podemos ser un gran equipo. A defensa deunos confianza para logo tirar tódolos tiros en boa posición"