Galicia en Goles
Analizamos o mal arrinque de temporada do Celta con Moncho Carnero, Alejandro Reza e Roberto Carlos Carballo
O Celta suma tan só un punto nas cinco primeiras xornadas de Liga. Trala derrota de onte ante o Cadiz, a terceira coma local, comezan as dúbidas no entorno do conxunto olívico. No Galicia en Goles quixemos analizar este mal arrinque de temporada con Moncho Carnero, Alejandro Reza e Roberto Carlos Carballo.
O ex adestrador celeste afirmou que "ata o de agora non estaba preocupado, pero o certo é que dende onte sí que me comezo a preocupar. Perdemos contra o Cádiz, un rival directo e que viña con moitas baixas"
Roberto Carlos Carballo laiábase de que "non hai autocrítica, vexo autocomplacencia e pouca esixencia a algúns xogadores do equipo, que están amosando menos do que se lles presupón"