Galicia en Goles
Isidoro Hornillos "No centenario da Federación era obrigado que trouxésemos o Campionato Galego a Vigo, onde naceu"
Este domingo as pistas de Balaídos acolleron os Campionatos Galegos absolutos de atletismo tanto en categoría masculina coma feminina. Isidoro Hornillos, o presidente da federación galega explicou que "Son os campionatos de máis relevancia e este ano especiais. Cúmprense cen anos da fundación en Vigo da Federación, e era obrigado traer este ano o campionato aquí. A temperatura é agradable e a xente está desfrutando"
Hornillos falou do cartel deste campionato e, por suposto, das ausencias "Temos moitos corredores e tamén ausencias, claro, pero xustificadas. Hai que lembrar que temos en Tokio a 3 atletas, somos das federacións que máis galegos aporta aos XXOO. Peleteiro ten moita bagaxe e vaise estrear, ben xa foi finalista no Mundial e Toimil que está preto dos 19 metros. Hoxe demoslle unha placa a Víctor Gallego, en recoñecemento á súa gran aportación a este deporte"