CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Carlos Canal "Estou na preselección de Burgos para a Vuelta. Somos 10 para oito postos"

18/07/2021 - 20:20 h

O día no que o Tour de Francia chegou aos Campos Elíseos, con Tadej Pogacar coma gran triunfador, no Galicia en Goles quixeron charlar de ciclismo co único ciclista galego con opcións de estar na seguinte Gran Volta Ciclista, a Vuelta a España. O ciclista de Xinzo de Limia, Carlos Canal, contou os seus próximos proxectos " Agora mesmo estou en Francia para competir con España unha proba da Copa das nacións. Veño de Sierra Nevada da concentración en altitude. Agora mesmo o que noto e o motio esforzo que fixemos para prepararnos ben para o que está por chegar. Irei a Ordizia, á Clasica de San Sebastián , á volta a Burgos e logo, se me escollen, á Vuelta. Estou na preselección do equipo e dependerá dos resultados e das sensacións. Somos 10 para oito postos"

 

Canal afina a súa forma para unha Vuelta que terá unha nómina espectacular de aspirantes: Pogacar, Roglic, Mas, Bernal... O galego do Burgos quere estar nesta cita que remata na casa "Comeza na terra do patrocinador e chega ao Obradoiro, a Santiago. Sería moi bonito e da máis moral e forzas. Vaise correr moito"