Galicia en Goles
Onésimo: "É un bo punto porque nos superaron e tivemos que sufrir"
O Celta B empatou a cero ante o Raio Majadahonda no Cerrol del Espino. O técnico do filial olívico, Onésimo Sánchez, valorou o resultado conseguido en terreo madrileño: "É un bo punto porque nos superaron, sobre todo no primeiro tempo, co xogo directo e tivemos que sufrir. Era un rival moi poderoso, xogou ao que querían eles, balóns longos e transicións longas, onde eles son perigosos".
Reafirma Onésimo: "Faltounos claridade, e do que traballamos con balón. O campo, sen ser escusa, non nos beneficiou para o noso xogo combinativo. pero temos que ter solucións para esas cousas. Valoro ben o traballo do equipo. En defensa merecemos o punto, logo en ataque...".