CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Joselu: "Saíu o partido que agardabamos e soubemos ler o que tocaba"

17/10/2021 - 15:21 h

O Rácing de Ferrol acadou un importante triunfo na súa visita a Tudela, grazas a un solitario tanto de Joselu no primeiro tempo. Con estos tres puntos o conxunto departamental suma once  e colócase na zona morna da clasificación.

Na zona mixta posterior o enviado especial da Radio Galega, Raúl Villares, falou co gran protagonista. Joselu Gomez avaliou o triunfo: "Saíu o partido que agardabamos e soubemos ler o que tocaba. É certo que sufrimos na parte final porque non aproveitamos as nosas ocasións para poder matar o partido".

O dianteiro de Palmeira falou sobre a temporada irregular neste comezo ligueiro dos racinguistas: "Defensivamente estivemos moi ben durante moitos partidos, é a tónica da temporada. É certo que non xeramos todo o que desexamos. Temos que dar un paso adiante ofensivamente".