CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Coudet "Estamos pagando moi caro os erros. No penalti castíganos a xuventude de Fontán"

17/09/2021 - 23:11 h

O Celta segue sen gañar esta temporada. Este venres caeu en Balaídos por un gol a dous nun encontro marcado polos erros propios, como recoñece o técnico Eduardo  Coudet en sala de prensa "Non están saíndo as cousas. Unha pelota parada e un penalti innecesario, que nos castiga  a xuventude de Fontán. Recibimos dous tiros a porta e xa estabamos perdendo dous a cero. A sorte non está acompañando, tampouco a precisión"

 

Coudet afirma que "temos que seguir, se xogamos como o segundo tempo, gañaremos máis partidos. Pero xustificar un punto de quince, obviamente, preocupa. Podemos falar de moitas cousas pero a realidade é esa. A afección empurrou. Fíxonos sentir ben. Cun chisco máis de sorte poderíamos darlle a volta ao resultado"

 

Coudet reincide en que "cometimos erros groseiros que logo pagamos. Era un partido que xa agardabamos. Ata o penal estabamos ben situados"