Galicia en Goles
Iván Ares, segundo no Rali de Ourense "Chegan as miñas vacacións e aproveito para ir correr a Roma na proba do Europeo, sen presión"
O asturiano Jose Antonio Suárez foi o gran domiñador da 54ª edición do Rally de Ourense, proba valedeira para o Supercampionato de España. Tras él rematou o piloto de Cambre Iván Ares, que recupera sensacións tras un mal arrinque de temporada "Tralos dous ceros en asfalto o campionato está moi difícil; ademáis este ano centrámonos moito na terra para coñecer mellor o terreo. Éste é o primeiro bo resultado e estou satisfeito. Fixo moita calor pero o certo é que non sufrín demasiado. E nunca ven mal para adelgazar uns kiliños".
Nunha amena e divertida conversa con Alfonso Pardo e Rodrigo Pérez, Iván Ares falou dos seguintes plans que ten por diante "Agora chega o parón do verán ata o Rally de Ferrol, a finais de Agosto. Son as miñas vacacións e aproveitarei para darme un luxo, poder ir a correr a Roma un rally do Europeo ERC, sen presión, para medirme con moitísimos R5 e varios pilotos que corren no Mundial"
Ares foi pai recentemente e recoñeu ter ganas de voltar a casa trala proba ourensana "Mentres falaba con vós xa me quitei o mono, vestinme e estou xa no coche para ir cara Coruña. Levo dende o martes aquí e xa teño ganas de volver a casa, descansar e desfrutar da pequena"