CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Lupe Murillo "por fin chegou a primeira vitoria na casa. Este é un equipo histórico que seguirá facendo historia"

16/10/2021 - 21:41 h

O Pontevedra celebrou o seu oitenta aniversario con vitoria e goleada ante o Llanera por 3 goles ao Llanera.

Tras o encontro, Roberto Carlos Carballo falou coa presidenta Lupe Murillo nunha data tan sinalada: "Por fin chegou a primeira vitoria na casa, que xa era hora. Este é un equipo histórico que seguirá facendo historia, así agardamos, que a xente que hoxe viu aquí poida seguir gozando".

Murillo incidiu na importancia da vitoria ante o conxunto asturiano "son partidos nos ha hai que dalo todo. Nesta categoría calquera che pinta a cara. É un recén ascendido e hai que dalo todo no campo. Charles chegou moi novo a Pontevedra e tenos un cariño moi especial coma nós a el. Que marcase hoxe é especial para el e para o equipo".