CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Iván Calaza presenta a III edición da Guía de Fútbol en Lugo

16/10/2021 - 16:08 h

Coa paulatina volta á normalidade, van regresando ás distintas competicións deportivas. Unha delas é o fútbol máis modesto. Esta fin de semana arrincan varios grupos da 1ª Autonómica, os correspondentes á provincia de Lugo entre eles.

Convidamos ao Galicia en goles a Iván Calaza, un dos responsables do proxecto Fútbolinlugo, para que nos  presentase  a III edición da Guía de Fútbol en Lugo que hoxe se vende xunto ao xornal El Progreso "Levabamos tempo agardando publicar este traballo porque foron moitas semanas parados. Aproveitamos esta fin de semana para sacalo, e ten a todos os equipos da provincia de 1ª ata a 3ª Autonómica. É unha edición especial, despois de tanto tempo parados, de tanta xente que pensou deixar o fútbol, trocar de deporte.... amosar que segue habendo xente toliña por este deporte".

Apunta Calaza que "é unha guía que se pode mercar dende hoxe co Progreso pero estará durante as vindeiras semanas, na provincia de Lugo, en zonas limítrofes, por exemplo As Pontes. Se hai algúen que desexa, poden contactar a través das redes sociais e faríamos chegar esta guía. Que ninguén quede sen ela".