CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Escoita as valoracións da trepidante última xornada da Leb Ouro de baloncesto

16/05/2021 - 16:19 h

A Liga Leb Ouro pechou a súa segunda fase cunha xornada con horario unificado onde se decidiron os postos de 'playoff' de ascenso e algún descenso a Leb Prata.

O Basquet Coruña caeu en Riazor ante Castellón por 90 a 92 tras unha prórroga. Tamén no tempo extra venceu o Breogán por 85 a 81 ante Almansa. A vitoria do Granada en Oviedo sitúa os andaluces primeiros, os lucenses segundos e os coruñeses terán que conformarse co cuarto posto.

Os 'playoff' de ascenso arrincan o vindeiro venres cunha eliminatoria ao mellor de tres. O Coruña crúzase co Oviedo, mentres que o Breogán fará o propio co Palma.

Na fase pola permanencia o Ourense terá que agardar ata o martes para saber se descende ou non. Gañou por 88 a 74 a Canoe, pero deberá facer o mesmo ante Murcia para manter a categoría.

Tras a xornada o 'Galicia en goles' conversou cos protagonistas: Salva Arco (Breogán) Sergio García (Basquet Coruña) e Gonzalo García de Vitoria (COB)