Galicia en Goles
Semana con fútbol e baloncesto na Radio Galega
As competicións deportivas entran nos últimos días de competición.
A Segunda División de fútbol vivirá tres xornadas no espazo dunha semana e media. O Lugo afronta a antepenúltima cun partido decisivo o martes no Carlos Belmonte ante o Albacete.
Desde as oito e media, Paco Santos conduce a edición especial de 'Galicia en goles', en que ademais o programa atenderá ao fútbol sala co Burela-Barcelona e o Parrulo-Córdoba, xunto ao baloncesto LEB co Ourense-Real Murcia.
O mércores, desde as seis da tarde e só a través da web da Radio Galega, o equipo de deportes retransmitirá o encontro da penúltima xornada da Liga ACB de baloncesto entre o Obradoiro e o Murcia.
Os oíntes tamén estarán informados do encontro de fútbol feminino entre o Atlético de Madrid e o Deportivo da Coruña, da Primeira División.